O vindeiro venres día 19 a partir das 16,30 horas, José Luis Antuña, director xeral de FEIRACO SOC. COOP, impartirá unha clase maxistral.
Tras a formación de Clun, a gran cooperativa do sector agrario galego formada pola fusión de varias cooperativas galegas, a nova compañía conta con preto de 3.600 socios e xestiona o 15% do negocio lácteo galego. Ademais, Clun estende o seu negocio aos pensos, hortalizas, maquinaria agrícola e mesmo gasolineiras.
A principal entidade que a constitúe é FEIRACO e o seu fin é lograr que os gandeiros produzan da máis maneira máis eficiente posible ata chegar, a medio e longo prazo, á comercialización conxunta do leite.
Lugar: Campus de Excelencia. Avda. Salvador de Madariaga, 50. Oleiros
Día: 19
Hora: 16.30 horas